La Coruña, Galiza / II FIEC #europe

Cultura galega e novas tecnoloxías. A relación que se abordará do 7 ao
9 de novembro na Cidade da Cultura no marco do II Encontro
Internacional de Espazos para a Cultura. A 'Araña na Rede' contará
tamén coa visión que se fai na nosa comunidade da man de expertos que
levan anos traballando para fortalecer esa unión.

Marcus Fernández, Susana Vazquez, Francesc Pumarola, Xesús Baños e
Javier Jaén son algúns deses nomes propios da arañeira cultural e que
participarán neste II FIEC como moderadores das diferentes sesións que
contarán coa presenza de destacados profesionais independentes e de
centros internacionais e nacionais como a Tate Modern, The British
Museum, o Museo Thyssen-Bornamisza, o MACBA-Museu D'Art Contemporani
de Barcelona ou os Museos Científicos Coruñeses.

Deste xeito, a primeira sesión estará a cargo de Javier Jaén,
responsable do laboratorio de Aplicacións Futuras (FutureLab) no grupo
ISSI desenvolvendo diversas liñas de investigación relacionadas coa
computación ubicua aplicada aos Museos Híbridos, as aplicacións
educativas e os xogos sociais. Un dos maiores froitos deste traballo
foi a implantación da maior plataforma realizada en España de
middleware aplicado á difusión cultural en museos con motivo da
exposición itinerante "Sorolla: Visión de España", sendo a que maior
número de asistentes tivo na Historia.

Para a mañá do xoves, o II FIEC contará con Marcus Fernández. Marcos
Fernández: Con formación en Informática, desenvolve a súa actividade
profesional no mundo da Internet, participando en iniciativas
pioneiras na Rede galega, así como no asociacionismo (Capítulo galego
da Internet Society, EGANET, a Asociación PuntoGal e a Asociación
Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica).

Xa pola tarde será a quenda de Susana Vázquez, coordinadora da
blogosfera do programa Voz Natura a través da bitácora BlogNatura.
Dende 2006 é coordinadora do sistema de blogs e formadora da
comunidade docente do Proxecto Climántica (www.climantica.org),
programa de Educación Ambiental recomendado polo Alto Comisionado das
Nacións Unidas para o Cambio Climático. Ademais, desde o ano 2011
colabora coma asesora educativa na Fundación Barrié, no deseño,
coordinación didáctica e dinamización dos proxectos educativos que se
desenvolven e no deseño de contidos e estrutura da web da súa canle
educativa educaBarrié (www.educabarrié.org).

O último día, o II FIEC resérvase a presenza de Francesc Pumarola,
actual director de Gugleando Estrategia Digital, compañía que asesora
a empresas para obter o máximo potencial a Internet: proxectos web,
ecommerce, mercadotecnia dixital, etc. En Galicia coñéceselle por
estar á fronta da estratexia dixital e desenvolvemento de negocio de
lavozdegalicia.es, o desenvolvemento de proxectos online ou a posta en
marcha da estratexia de social media de La Voz de Galicia.

O último dos moderadores será Xesús Baños, vinculado ao asociacionismo
cultural máis de vinte anos e presidente da asociación "Amigos do
Arqueolóxico". Baños elaborou un "Museo Imaxinado" que contén máis de
300 referencias sobre obras de arte feitas en Galicia, por galegos ou
artistas chegados doutras partes, e que actualmente están dispersas
por todo o mundo.

http://www.fiec-cidadedacultura.org/index.php?idMenu=11&int1=55

0 comments:

Post a Comment